- Zume de mazá natural
- Volumen botella: 25cl
- Zume de froita 100%
- Sen sucre
- Sen diluir
- Sen conservantes, colorantes, nin edulcorantes
- Non procede de concentrado
Obtido por prensado mecánico e conservado mediante unha pasteurización suave para preservar as súas propiedades.
Galicia é unha terra rica en variedades de mazáns, temos unhas 400 variedades e a maioría descoñecidas, estamos a esquencernos dun valioso patrimonio.
Andaina PSM Emprego quere contribuir a recuperar e dar a coñecer diferentes variedades de mazáns.
Facemos zume de mazán para conservar a esencia dunha froita abundante e para poñer en valor un froito que hai en excedente e que se desperdicia.
Procesamos diferentes variedades de mesa e sidra, pero as que máis abundan son: principe, bico de lebre, reineta, raiña de reineta, camoesa, de rabo longo, de pedra, de cera, marafouzas, sapo de coiro, de inverno, rabiosa, etc.
Algunhas proceden do excedente de Carcacía (Padrón).