Hola! En nuestra web no usamos ningún tipo de cookie con fines publicitarios, comerciales y estadísticos. Unicamente empleamos una cookie para registrar la sesión de usuario. Puedes navegar con tranquilidad por nuestra web. Gracias por visitarnos.

   Saber máis - Aceptar.
https://www.facebook.com/andainapsmempregohttps://es.linkedin.com/company/andaina-prosaude-mental-emprego-slhttps://www.youtube.com/channel/UC_a_4adwtQHNk7B2qGSh7iAhttps://www.instagram.com/andainapsm_cee/
https://www.facebook.com/andainapsmempregohttps://es.linkedin.com/company/andaina-prosaude-mental-emprego-slhttps://www.youtube.com/channel/UC_a_4adwtQHNk7B2qGSh7iAhttps://www.instagram.com/andainapsm_cee/

QUEN SOMOS

QUE É ANDAINA EMPREGO?

Somos un centro especial de emprego sen ánimo de lucro no que traballan persoas con enfermidade mental residentes en zonas rurais da área sanitaria de Santiago de Compostela.

 

QUE FACEMOS


Na nosa adega elaboramos diferentes produtos; zume de mazá ecolóxico, zume de arando, arando con mazá e sidra ecolóxica.

Todos os nosos produtos son 100% naturais, producidos con materia prima galega e feitos de xeito artesanal. Outro dos nosos traballos é elaborar para outras empresas e cooperativas.

 

CAL É O NOSO OBXECTIVO?


No noso proxecto nace en 2017 como continuación da labor realizada pola asociación de saúde mental Andaina Pro Saúde Mental (www.andainapsm.org). Creouse co fin de mellorar a empregabilidade das persoas con enfermidade mental a través de emprego adaptado e protexido.

A inserción laboral forma parte do tratamento de recuperación de unha persoa con enfermidade mental, a cal mostra un aumento da súa autonomía persoal, mellora de destrezas e habilidades e un aumento considerable da autoestima e satisfacción.

 

 

ONDE ESTAMOS?

As nosas instalacións están no Concello de Dodro, Provincia de A Coruña.
Lugar de Vigo, nº138, 15981 A Paxareira - Dodro (A Coruña)

PRODUTOS

ZUMES 100% NATURAIS

Os produtos Andaina PSM Emprego obtéñense exclusivamente a partir de froita fresca exprimida procedente da agricultura galega.
Os nosos produtos non proceden de concentrados e non conteñen azucres nin conservantes.

Zume de Arando caixa/12uds.
Zume de Arando caixa/12uds.
Zume de Mazá ECO caixa/12uds.
Zume de Mazá ECO caixa/12uds.
Sidra Ecolóxica caixa/12uds.
Sidra Ecolóxica caixa/12uds.
Zume de Mazá e Arando caixa/12uds.
Zume de Mazá e Arando caixa/12uds.

EQUIPO

SOMOS ANDAINA

 
FRANCISCO VIDAL

"Para min o centro de emprego é un beneficio psicolóxico no tratamento da miña enfermidade, ademáis ca experiencia de traballar en Andaina Emprego sintoo que podo volver a traballar en calquer empresa como facía de novo.

Viva Andaina!!"

 
MANUEL MARQUEZ

"Sintome ben por poder traballar, ter un ingreso, a casa ninguén trae nada, gústame que a empresa creza, que seamos todos unha piña e que as vents sigan aumentando."

 
MARGARITA RICO

"Ter un emprego aumentame a autoestima, manteño unha rutina, gustame estar cos
compañeiros, espero que a xente merque moito para teñamos máis traballo."

 
ROSA DOCABO

"Sintome realizada no centro especial de emprego, muy familiar, onde atopei o meu oco, o carón dos meus compañeiros, orgullosa de elaborar produtos 100% naturales, dalos a coñecer no mercado e sobre todo que cada vez cheguen a máis fogares, poñendo todo o noso cariño en cada detalle da súa elaboración."