Hola! En nuestra web no usamos ningún tipo de cookie con fines publicitarios, comerciales y estadísticos. Unicamente empleamos una cookie para registrar la sesión de usuario. Puedes navegar con tranquilidad por nuestra web. Gracias por visitarnos.

   Saber máis - Aceptar.
https://www.facebook.com/andainapsmempregohttps://es.linkedin.com/company/andaina-prosaude-mental-emprego-slhttps://www.youtube.com/channel/UC_a_4adwtQHNk7B2qGSh7iAhttps://www.instagram.com/andainapsm_cee/
https://www.facebook.com/andainapsmempregohttps://es.linkedin.com/company/andaina-prosaude-mental-emprego-slhttps://www.youtube.com/channel/UC_a_4adwtQHNk7B2qGSh7iAhttps://www.instagram.com/andainapsm_cee/

QUE É ANDAINA EMPREGO?.

Somos un centro especial de emprego sen ánimo de lucro no que traballan persoas con enfermidade mental residentes en zonas rurais da área sanitaria de Santiago de Compostela. O noso propósito é prestar apoio ás persoas con problemas de saúde mental, aos seus familiares e achegados, fomentando a súa autonomía e dando sentido ao seu desenvolvemento cotiá. Para iso, apostamos por unha vida activa a nivel físico, social e laboral, da que as propias persoas con problemas de saúde mental deben ser corresponsables. Buscamos a mellora da calidade de vida das persoas coas que traballamos e loitamos pola defensa dos seus dereitos.

 

 

 EQUIPO

SOMOS ANDAINA EMPREGO

Andaina PSM Emprego funciona cada día grazas ao traballo de tódalas persoas operarias. Coa túa colaboración poderemos ver como este equipo medra garantindo oportunidades laborais para as persoas con trastorno mental así como unha maior presenza de produto artesanal, ecolóxico e de cercanía no mercado.

 
FRANCISCO VIDAL

"Para min o centro de emprego é un beneficio psicolóxico no tratamento da miña enfermidade, ademáis ca experiencia de traballar en Andaina Emprego sintoo que podo volver a traballar en calquer empresa como facía de novo.

Viva Andaina!!"

 

 
MANUEL MARQUEZ

"Sintome ben por poder traballar, ter un ingreso, a casa ninguén trae nada, gústame que a empresa creza, que seamos todos unha piña e que as vents sigan aumentando."

 

 
MARGARITA RICO

"Ter un emprego aumentame a autoestima, manteño unha rutina, gustame estar cos
compañeiros, espero que a xente merque moito para teñamos máis traballo."

 

 
ROSA DOCABO

"Sintome realizada no centro especial de emprego, muy familiar, onde atopei o meu oco, o carón dos meus compañeiros, orgullosa de elaborar produtos 100% naturales, dalos a coñecer no mercado e sobre todo que cada vez cheguen a máis fogares, poñendo todo o noso cariño en cada detalle da súa elaboración."